O domingo 21 de xaneiro comezou o programa Nada e Corre 2018, coa proba de Narón, que se celebrou no Complexo Deportivo da Gándara coa participación de máis de 210 deportistas.
Polo noso club participaron catro deportistas: Carla Cortón e Mireia Vázquez (benxamíns), Manu Cobas (alevín) e Alejandro Vázquez (cadete).
Mireia Vázquez impúxose na categoría benxamín feminina acadando a medalla de ouro.
O programa Nada e Corre da presente tempada, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Narón, Riveira, Vigo e Carballo) e unha final, que aínda non ten data e para a mesma clasificaranse os catro primeiros deportistas por categoría e sexo de cada proba zonal.
As distancias a realizar dependen das categorías:
• Prebenxamín: 25 metros de natación e 250 de carreira a pé.
• Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pé.
• Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pé.
• Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pé.
• Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pé.