Luismi Velásquez proclamouse o domingo día 1 vencedor do II Tríatlon Boamorte de Sanxenxo, última proba do calendario da presente tempada da Federación Galega de Tríatlon.
Luismi Velásquez, que partía como un dos favoritos, foi controlando a proba dende o inicio para terminar sendo o mellor no segmento da carreira a pé. Luismi venceu cun tempo final de 1:51:47, mentres que segundo foi Cristóbal Dios que tivo que remontar por unha frouxa natación. O terceiro posto foi para Jacobo Crego (Olímpico de Vedra) cun tempo de 1:55:55.