Joselyn Brea proclamouse este sábado en Narón campioa galega de dúatlon 2018.
O Campionato Galego de Dúatlon Feminino comezou ás 17.00 horas e no primeiro sector formouse un grupo compacto de varias deportistas, coas irmás Brea entre outras. Todas xuntas foron ata o quilómetro 10 da bicicleta, cando Joselyn cambiou de ritmo e logrou marchar en solitario sen que ninguén puidera aguantar a súa marcha. Así, Joselyn fixo o resto da bicicleta e o terceiro segmento en solitario e incluso puido permitirse baixar un pouco o ritmo no tramo final. Chegou a meta cun tempo final de 1:00:55, mentres que segunda foi a súa irmá Edymar (1:01:11) e terceira, María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial) cun tempo de 1:01:28.
Na clasificación por equipos femininos proclamouse campión galego o noso club con Joselyn, Edymar e Andrea Iglesias, que acabou no sexto posto. Destacamos tamén na categoría sub23 a medalla de ouro que conseguiu Edymar Brea e a de bronce acadada por Irene Marsellés
Posteriormente celebrouse a categoría masculina, na que competiu Antonio Souto, conseguindo un meritorio cuarto posto da categoría junior.