Este sábado celebrouse a segunda edición do Tríatlon La Rioja coa vitoria de Gustavo Rodríguez que gañou 3 grandes tríatlons nos últimos 21 días. A semana pasada levou a vitoria no Triatlon de Zarautz e o fin de semana do 26 e 27 de maio, Gustavo proclamábase o Campión de España de MD en Guadalaxara.
Os homes tomaron a saída ás 14:10 despois das mulleres e Javier Cardona era o primeiro en completar os 1.900 m a nado polo río Ebro. Tras él a 1′ chegaba un grupo estirado onde estaban Gustavo Rodríguez e Cristóbal Dios, os dous principais favoritos. Os 90 km de ciclismo ían ser para Gustavo, quen pronto se colocou líder en solitario e foi aumentando a vantaxe ata chegar en primeira posición á T2 con 7′ de vantaxe sobre Cristóbal. Terceiro na T2 era Alex Aguirretxe.
Finalmente a vitoria foi para Gustavo Rodríguez cun tempo de 4:08:33 que nos 21 km finais de carreira a pé dedicouse a administrar a vantaxe. Segundo cunha espectacular remontada a pé foi Alejandro Santamaría, un dos míticos do tríatlon español a 10′ de Gustavo e terceiro pechando o podio Cristobal Dios a 12′, que perdeu a segunda posición por un problema intestinal, polo que tivo que facer unha parada.