A expedición masculina española contou coa participación dos nosos deportistas Fernando Alarza e Antonio Serrat, que fixeron un gran papel.
Ambos completaron os dous primeiros segmentos xunto a Mario Mola, Fernando sempre en postos máis dianteiros que Antonio. E baixáronse a correr a pé na cabeza de carreira, ata o punto que ao termo da primeira volta os tres españois copaban os postos de podio. Previamente Fernando Alarza sufría unha caída en bicicleta, pero sen maiores consecuencias. Aínda que posteriormente o sobreesforzo realizado para volver entrar no grupo pasaríalle factura.
A proba comezaba ás 6 da mañá cos 1.500 metros de natación a dúas voltas, onde Richard Varga foi o máis rápido saíndo na cabeza seguido polo grupo con Dmitry Polyanskiv a 1 segundo e por Matthew Hauser a 2. Mario Mola e Fernando Alarza saían xuntos a segundos e Antonio Serrat a 15 segundos da cabeza.
Ao comezo dos 10 quilómetros de carreira Mario Mola, demostrou ser o máis rápido situándose na cabeza da proba, onde ía abrindo aos poucos diferenzas respecto de Fernando Alarza e Antonio Serrat, os españois que ían ocupando os primeiros postos da carreira.
Mario Mola co mellor sector de carreira conseguiu a súa terceira vitoria consecutiva en Yokohama cun tempo de 1:44:59.
Na loita polo segundo posto puidemos ver un duelo entre Fernando Alarza e o australiano Jacob Birtwistle que foron xuntos ata o km final de carreira onde finalmente Jacob Birtwistle (1:45:50) sobrepasouno nos últimos metros conseguindo o segundo posto mentres que Fernando Alarza (1:45:51 ) entraba en terceira posición e volvía ao podio, despois de pasar un bache durante os últimos meses.
Con este resultado Fernando sitúase no segundo lugar do ranking das Series Mundiais. A próxima parada do circuíto será en Leeds (UK) o próximo 9 e 10 de Xuño
Pola súa banda, o debutante este ano nas Series Mundiais, Antonio Serrat, lograba unha destacada 11ª posición, o seu mellor resultado nesta competición. Antonio foi moi valente durante toda a proba, loitando polos postos de podio ata o ecuador da carreira a pé. E demostrou que a pesar de ser o máis novo dos tres ten calidade como para aspirar a cotas máis altas.