Cristóbal Dios (por terceira vez consecutiva) proclamouse este domingo en Vigo gañador do VI Desafío Santander Illas Cíes, e ademais campión galego de media distancia.
Despois de facer os 1.900 metros de natación saíu en cabeza un trío formado por Diego Paz (Arcade Inforhouse), Martín Carrera (Natación Riveira) e Luismi Velásquez. Cristóbal Dios, vencedor das dúas últimas edicións, perdeu 4:30 con este trio, polo que lle tocou remontar.
Así na bicicleta foi moi agresivo dende o inicio e comezou a recuperar tempo moi pronto. Mediado o segmento de ciclismo xa logrou poñerse na primeira posición e a partir de aí foi aumentando distancias. Desta forma, tras facer os 90 quilómetros de ciclismo chegou a segunda transición cun máis de 4:30 sobre Luismi Velásquez, segundo.
Cristóbal decidiu marcar o seu ritmo de carreira neste terceiro segmento, esquecendo aos que viñan por detrás e así logrou chegar a meta en solitario e marcando un novo récord da proba (3:52:09). Os 21 quilómetros se lle fixeron moi longos a Luismi que foi perdendo posicións ata rematar 14º.
O podio do campionato galego quedou formado por Cristóbal Dios como campión, Martín Carrera é o subcampión e Ismael López foi terceiro.