No Campionato de España de Duatlón Longa Distancia, que se celebrou o 23 de febreiro en Orihuela (Alacante) hai que destacar o triunfo de Jorge de la Puente no seu grupo de idade (45-49) e rematou na posición 23 da xeral. Marina González finalizou na 13ª posición. Noelia Mora quedou finalmente descualificada, ao superar o tempo de corte establecido. A deportista sufrira unha caída hai un par de semanas e acudiu ao campionato de España sen adestrar nos últimos quince días, esta inactividade apreciouse no seu rendemento, pero Noelia non quixo abandonar e logrou chegar a meta, aínda que finalmente foi descualificada polos xuíces.