Este domingo 24 de setembro rematou o Campionato de Mundo de Biatle e Trialte que se celebrou na localidade de Viveiro e que organizou o noso club xunto coas Federacións Galega e Española e a Unión Internacional de Péntatlon Moderno.
Boa actuación dos nosos deportistas que conseguiron tres medallas a nivel individual e nove por equipos.
Aroa Freije converteuse o sábado día 23 en campioa do mundo de triatle na categoría junior, destacamos tamén a Raúl Blanco (junior) xa que quedou as beiras da medalla de bronce, facendo unha magnífica competición nunha proba na que había un nivel altísimo.
Na xornada do domingo Jesús Rego na categoría Master 50 proclamouse campión do mundo de Biatle, conseguindo tamén para España a medalla de ouro por equipos, xunto con Javier Carnero e Gregorio Díaz. Este mesmo equipo, o día anterior tamén conseguiu o Campionato do mundo de Triatle Master 50. Temos que ter en conta que é a primeira incursión de Jesús nas disciplinas do Péntatlon.
Na clasificación por equipos, ademáis dos sinalados anteriormente resaltamos as medallas conseguidas por:
Prata para Andrea Vidal formando parte do equipo subcampión feminino U17 de triatle, xunto coas súas compañeiras: Andrea Medina e María Alzaga. O mismo metal para Aroa Freije formando parte do equipo subcampión feminino Junior de Biatle, xunto coas deportistas Paula Herrero e María Carnero.
En Biatle, unha para o equipo U11 feminino formado por: Mireia Vázquez, Mireia Vila e Inés Blanco; outra para o equipo U15 masculino integrado por: Alejandro Vázquez, Diego García e Enol Arias.
Pódense consultar todos os resultados no seguinte enlace da UIPM: